17 octubre 2011

Entrevista na Cadena Ser

O pasado 20 de xuño fun invitado a participar na Comisión non permanente de estudo para a elaboración duna plan de dinamización demográfica de Galicia. A idea de partida da exposición era que so cun fortalecemento do Estado de Benestar e a aplicación de políticas activas demográficas (axudas directas por fillo/a, aumento dos permisos de maternidade e paternidade, apertura de máis escolas infantís, etc) se podería deter o actual proceso de declive. Máis aló desta opinión facilmente compartida, a intervención centrouse en dous medidas ou políticas concretas que se poderían tomar nesa dirección:

- Políticas de conciliación da vida laboral e familiar e, dentro de las, a posta en marcha de plans de programación do tempo municipais.

- Políticas activas de atracción de poboación inmigrante para frear o alarmante despoboalmento rural que está a converter o interior de Galicia nun xigantesco deserto.

Hai uns días a comisión foi pechada e recibín a chamada da Cadena Ser para dar a miña opinión ao respecto. A continuación, o corte da conversación.

video

No hay comentarios:

Publicar un comentario

La victoria de Pedro Sánchez en las primarias: cuatro lecciones para la estrategia política

El largo proceso interno que ha vivido el PSOE durante este último año, desde las elecciones generales de junio de 2016 hasta la clara vict...