Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2011

Entrevista na Cadena Ser

O pasado 20 de xuño fun invitado a participar na Comisión non permanente de estudo para a elaboración duna plan de dinamización demográfica de Galicia. A idea de partida da exposición era que so cun fortalecemento do Estado de Benestar e a aplicación de políticas activas demográficas (axudas directas por fillo/a, aumento dos permisos de maternidade e paternidade, apertura de máis escolas infantís, etc) se podería deter o actual proceso de declive. Máis aló desta opinión facilmente compartida, a intervención centrouse en dous medidas ou políticas concretas que se poderían tomar nesa dirección:
- Políticas de conciliación da vida laboral e familiar e, dentro de las, a posta en marcha de plans de programación do tempo municipais.
- Políticas activas de atracción de poboación inmigrante para frear o alarmante despoboalmento rural que está a converter o interior de Galicia nun xigantesco deserto.
Hai uns días a comisión foi pechada e recibín a chamada da Cadena Ser para dar a miña opinión ao …