Hai uns oito meses publiquei un pequeno artigo de opinión en Diario de Ferrol que se titulaba Un xogo de percepcións: “Crisis? What crisis?”. Daquela comezaba a albiscarse unha contracción económica derivada sobre todo da denominada crise da construción. O artigo estaba escrito a raíz do barómetro Ferrol opina de maio de 2009, monograficamente dedicado ao tema económico.
Pouco despois chegou o verdadeiro crack internacional, coa crise das hipotecas lixo e todas as súas derivadas e a verdade e que pensei "en boa hora falaches" ("en boca pechada non entran moscas", "o home é escravo das súas palabras e dono dos seus silencios", etc.).
Hoxe quero recuperar aquel artigo non porque negue que a crise é real: obviamente está a ter efectos moi reais e tanxibles; pero penso que sigo estando de acordo co fondo do que alí expoñía: a existencia dun substrato psicosocial, mesmo psicolóxico, que actúa como causa esencial.
Aí vai o que escribín aquel día con certo atrevemento...
Pouco despois chegou o verdadeiro crack internacional, coa crise das hipotecas lixo e todas as súas derivadas e a verdade e que pensei "en boa hora falaches" ("en boca pechada non entran moscas", "o home é escravo das súas palabras e dono dos seus silencios", etc.).
Hoxe quero recuperar aquel artigo non porque negue que a crise é real: obviamente está a ter efectos moi reais e tanxibles; pero penso que sigo estando de acordo co fondo do que alí expoñía: a existencia dun substrato psicosocial, mesmo psicolóxico, que actúa como causa esencial.
Aí vai o que escribín aquel día con certo atrevemento...
A palabra crise está no centro do debate. Trátase dun termo tabú para o goberno, que fala de desaceleración, e dun ariete nas mans da oposición, que non dubida da súa existencia. Hai datos que deixan ben claro que “algo está pasando”: folga de transportes, amarre da flota, subidas do Euribor, incremento do IPC, contracción do consumo... Hai unha certa sensación xeralizada de desacougo e inquedanza, de incerteza.
No estudo que se presenta nas páxinas de Diario de Ferrol non se pretende responder se hai ou non crise, senón como percibe a poboación ferrolá o estado da economía. Os indicadores son moi claros ao respecto. A valoración da situación económica actual da nosa cidade acada un 34,8 nunha escala de 0 a 100. As expectativas cara ao futuro son algo mellores, pero non superan o 40. O indicador de confianza económica, qué e unha síntese dos dous anteriores, quédase no 36,8.
Destes datos despréndese unha primeira conclusión, por comparación cos datos do CIS do barómetro de abril para o conxunto de España: valoramos un pouco peor a nosa situación económica (2,7 puntos menos), se ben aquí somos máis optimistas (ou menos pesimistas) co noso futuro (8,6 puntos máis). En conxunto, pois, o indicador de confianza é 3 puntos superior en Ferrol que en España, e iso que na enquisa do CIS o traballo de campo desenvolveuse no mes de abril (é de supor que os datos serían peores se fosen de xuño).
Ese certo sentimento de optimismo co porvir da cidade é algo que sae repetidamente nas enquisas publicadas por Diario de Ferrol. É unha boa nova, dado o grao de hipercriticismo que nos caracteriza, e non estaría de máis pregoala para ver se desta forma cambiamos a forma en que nos vemos a nós mesmos. Porque, a fin de contas, case todo é un xogo de percepcións...
... “Crisis? What crisis?” Rescato o título do LP que Supertramp lanzou ao mercado aló por 1975 (tempos de crise mundial, recorden) para ilustrar como é perfectamente compatible considerar que hai crise e pensar que a un non lle afecta. Pero se case todo o mundo considera que a crise pasa pola súa beira, onde está exactamente a crise?
Centrareime na análise de 3 variables: valoración da situación económica persoal, comparación desta situación coa da media das familias galegas e valoración da situación económica xeral de Galicia.
Como é lóxico, temos claro que hai crise: calquera que vexa a televisión e lea algo de prensa pensará que é algo obvio. Así, máis ou menos 4 de cada 10 enquisados consideran que a situación de Galicia é mala ou moi mala e só un 6% que é boa. É dicir, “en conxunto vainos mal”. Pero, curiosamente, só un 6% das persoas enquisadas consideran que a súa situación e peor ca galega, e 4 de cada 10 pensan que é mellor (as proporcións son xusto as contrarias). É dicir, “aos demais vailles mal (eu voume salvando de momento)”. De feito, só un 15% valora a súa propia situación económica como mala ou moi mala... Podería dar máis datos: case 3 de cada 4 consideran que a situación económica de Galicia é peor que hai un ano. Sen embargo, só 1 de cada 4 pensan que a súa situación económica persoal é peor agora.
Por tanto, estamos metidos nun perigoso xogo de percepcións. Percíbese que hai crise, aínda que a un non lle afecte moito, e esta percepción pode traducirse en comportamentos (freo do consumo, por exemplo) que, por agregación, poden afectar ao conxunto da economía. Xa o resumía o psicólogo social W.I. Thomas alá a finais da década de 1920 (tempos de grave crise, recorden) no seu famoso teorema: “Se os individuos definen as situacións como reais, son reais nas súas consecuencias”. Sabía ben o que dicía: no crack de 1929 (ocorrido un ano despois destas palabras), o xogo das percepcións desempeñou un papel destacado como detonante da crise...
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada