15 noviembre 2009

"Malo será", vídeo de Gadis

Boísimo o vídeo de Gadis da súa serie Vivamos como galegos. Non sei se xa ten un tempo ou é novo. En todo caso, paréceme excepcional.

É posible que a quen non sexa galego/a e non sinta esta terra ben adentro non lle diga nada e mesmo lle pareza algo estúpido. Pero a aqueles que a levamos ben dentro na alma, máis alá de ideoloxías de calquera signo, debería cando menos emocionarnos... e facernos sorrir. A mín fíxome sentir estas dúas sensacións, así que quero compartilo con todos vós.

Por certo, xa lles gustaría aos partidos políticos facer un spot electoral a metade de bo que este: conectar coa xente, empatizar, crear sentimento de pertenza e comunión, facerte sentir parte de algo más grande...

video

3 comentarios:

  1. Os de Gadis senguense a sair cos seus anuncios, atoparon un nicho para trasmitir sentimento de pertenza a un grupo, e o están a explotar sabiamente.
    Gustame este tamén.
    por certo, un acerto publicar a entrada no face.
    Saudos

    ResponderEliminar
  2. Ola, son unha catalá que vive en Galicia. Para os galegos estes anuncios deben ser moi enxebres pero para os de fora, estes anuncios son moi divertidos porque é un puro reflexo da maneira de falar galega. As palabras: Malo será, bueno, boh!, etc. son moi vosas. Parabéns os de Gadis por facer publicidade deste tipo!

    ResponderEliminar
  3. Si que deron co filón de ouro. Non sei quen anda por atrás, pero o tipo sabe ben o que fai.

    ResponderEliminar

La victoria de Pedro Sánchez en las primarias: cuatro lecciones para la estrategia política

El largo proceso interno que ha vivido el PSOE durante este último año, desde las elecciones generales de junio de 2016 hasta la clara vict...