16 junio 2008

Meme: passion quilt

Hoxe imos facer un paréntese e deixar a política para outro día, aínda que teño bo material (creo) a propósito dos spots electorais. Trátase de seguir coa idea de que, como dicía hai pouco un profesor meu de Máster, "as ideas nin se crean nin se destrúen... cópianse"... pero volveremos a iso en breve.

Hoxe, dicía, quero facer un paréntese motivado polo reto co que me aguilloa meu pai desde o seu blog. Trátase de facer unha entrada cunha imaxe, ou varias, de cousas que t
e apaixoase que fosen aprendidas. Se entendo ben o reto, trátase de ser quen de transmitir, só cunha imaxe, o que é realmente valioso na vida e paga a pena ser aprendido... Iso obrígame a separar tantas cousas accesorias que non sei se quedará algo ao final ou simplemente o vacío.

... tal vez quedará algo, a fin de contas, aínda que sexa pouco...




Non teñas medo a voar...

Hai tempo, lendo
Fausto, o clásico de Goethe, atopeime de súpeto cunha frase que me parece marabillosa, e que vou transcribir en castelán:

"¡Quieres volar y no te ves aún libre del vértigo!"

Esquencede o contexto, quedádevos coa idea, coa imaxe, coa metáfora. A liberdade comeza por un mesmo, derrotando aos nosos tiranos interiores, facendo fronte aos nosos prexuízos, e medos, e inquedanzas. Non é posible ser libre e voar se a vertixe asústanos.

Máis ou menos cen anos despois, o tamén alemán Erich Fromm escribiu
The Fear of Freedom (O medo á liberdade). Por suposto, a súa prosa ensaística e científica (era psicólogo social) non ten nada que ver co lirismo romántico de Goethe, pero as súas ideas son igualmente suxestivas. Nun fermoso parágrafo, afirma:

"Pero el silbar en la oscuridad no trae la luz. La soledad, el miedo y el azoramiento quedan; la gente no puede seguir soportándolos. No puede sobrellevar la carga que le impone la
libertad de; debe tratar de rehuirla, si no logra progresar de la libertad negativa a la positiva".

Fromm intentaba explicar as causas de orde psicolóxica e psicosocial que levaron ao florecemento e triunfo do nazismo e o fascismo na Europa de Entreguerras, pero ben poderían ser extrapolados a calquera momento histórico. Ser libre é difícil, custoso pero, é vida unha vida sen liberdade?

Bakunin, un dos meus ídolos de xuventude, declarou coa enerxía que caracterizou a súa vida nun dos poucos textos que deixou escritos (el era un hombre de acción, non de letras) :

"Soy un fánatico amante de la libertad, por considerarla único medio en el que pueden desarrollarse la inteligencia, la dignidad y la felicidad de los hombres".

1 comentario:

  1. Xa vexo que tiña razón, coma sempre, en propoñer o reto.
    Don Quijote estaba tolo, ou non, vaya usted a saber, pero sabía ben o que dicía:
    "La libertad, Sancho, es uno de los más preciosos dones que a los hombres dieron los cielos; con ella no pueden igualarse los tesoros que encierran la tierra y el mar: por la libertad, así como por la honra, se puede y debe aventurar la vida".

    ResponderEliminar

La victoria de Pedro Sánchez en las primarias: cuatro lecciones para la estrategia política

El largo proceso interno que ha vivido el PSOE durante este último año, desde las elecciones generales de junio de 2016 hasta la clara vict...