14 junio 2007

A esperanza é o último que se perde...

Viña de ler no blog dun amigo (non sei con certeza quen é, pero iso non importa) unhas reflexións acerca da esperanza, cando nun dos comentarios, Hipatia puxo un link e decidín abrilo. Poida que o vídeo non fora a conta da esperanza, senón máis ben do ciclo da vida (ese era o título da entrada). Á esperanza dedicáballe Bouzafría un post algo despois, así que eu xuntei na miña cabeza ambas reflexións tras ver este vídeo fascinante, gravado por alguén que tivo a terrible sorte de estar no lugar exacto no momento axeitado. É un pouco longo, pero realmente paga a pena. Desde logo fala do ciclo da vida, pero penso que moi ben pode recordarnos que A ESPERANZA É O ÚLTIMO QUE SE PERDE. Hai que loitar ata o final... cantas partidas temos visto gañar, ou polo menos non perder, xogando case sen folgos, escondendo o noso rei o máximo posible á espera dalgún golpe inesperado que trocara a situación? A vida non deixa de ser outra partida, así que loitade, loitemos... Vede o vídeo, paga a pena.

4 comentarios:

  1. Loitamos porque non podemos facer outra cousa, porque estamos para iso programados. Aínda que outro vello grego dixo iso de "o mellor é non ter nacido, e de nacer morrer canto antes". Esa lucidez da un pouco de medo. E como eu non son un sabio prefiro vivir, e que vivan os que eu quero.

    ResponderEliminar
  2. Nunca tal cousa vira, impresionante vídeo, máis que iso, encólleseche todo véndoo. En directo eses oito minutos tiveron que ser...

    Aínda que dende o punto de vista felino hai que dicir que é un disgusto. E, ademáis, supoño que á pobre víctima do primeiro ataque (a pequena con cornos) non lle debeu quedar o corpo moi enteiro despois do episodio de chantadas de todo tipo. E se chegou a vello, cando o conte, os novos da manada dirán que toleou...

    Pero eu, como o señor bouzafría, quedo coa vida, que é o que hai, e con un algo de esperanza sempre, aínda que non o diga para non gafala.

    Saúdos e volverei por aquí.

    ResponderEliminar
  3. "Así es -suspiró el coronel-. La vida es la cosa mejor que se ha inventado" (Gabriel García Márquez)
    En canto á esperanza, Nietzsche afirmaba que era o peor de tódolos males, pois prolongaba o tormento do home...
    Pero Aristóteles que era o sono do home desperto
    ¡Que sei eu!
    O vídeo: im-presionante.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

La victoria de Pedro Sánchez en las primarias: cuatro lecciones para la estrategia política

El largo proceso interno que ha vivido el PSOE durante este último año, desde las elecciones generales de junio de 2016 hasta la clara vict...